Ninguén quere eventos cortados polo mesmo patrón, senón ideas diferentes para sorprender e tamén para ser sorprendido. Ser orixinal non é fácil, pero podemos facelo.


Un trío de gaitas escocesas nunha presentación empresarial ou un coro ghospel nunha voda. Un festival do humor nunha discoteca ou un encontro internacional de saxofonistas. Unha campaña de comunicación integral para unha asociación deportiva ou un plan de publicidade. Un local de espectáculos en aluguer para ensaiar, facer festas privadas ou bailar até que chega o día. Un profesor de teatro ou unha festa infantil. A programación cultural dun Concello. Cursos de fotografía, pilates ou macramé, a distancia ou a domicilio. Consellos e propostas.



Unha xuntanza familiar retransmitida por internet ou un concurso de música ao vivo interactivo. Unha páxina web, un blog ou un portal enteiro. Un 'community manager' personalizado. Un deseño para un folleto publicitario, un logotipo ou un coche 'tuneado' con vinilos. Un plan de merchandising ou unha equipación para o equipo de fútbol local. Unha aplicación para o teléfono móbil ou un programa de contabilidade integral para unha carpintería. Un programa de televisión emitido por streaming.