Airapro nace en marzo de 2009 en Carral (unha pequena vila da provincia da Coruña) da man, entre outros, dos actores Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán.
Para botar adiante o espírito creativo dos seus socios, Airapro conta cunha nutrida e dinámica plantilla de profesionais e unha ampla rede de colaboradores que entenden que o mundo está cambiando e comulgan co novo perfil do consumidor: o que decide cando, como e onde conseguir o que precisa.