Coa innovación como máxima, en Airapro traballamos en novos formatos para televisión, internet e outros soportes. Persoal, equipos ou guións: xente, máquinas ou ideas. Iso si, sempre boas ideas.
Vídeos corporativos para empresas serias ou gravacións absurdas para vodas e comunións. Unha longametraxe ou un spot para televisión. Tráilers e pezas promocionais. Unha actriz de dobraxe ou un guión adaptado. Protagonistas ou figurantes. Para o cinema ou para a rede. Videobooks, videoclip, videoarte. Preprodución, produción e posprodución.
Algúns exemplos do que temos feito ata agora son...
- Spot de 'Deleite' coas Cantareiras de Ardebullo
- Spot promocional do concurso Querostar
- 'Unha soa voz contra a violencia de xénero' para o Consorcio das Mariñas
- Videobook de Pepo Suevos
- Ardebullo TV





