Que sería do mundo sen música, ou sen cinema ou televisión? Ou mellor dito: que sería do mundo sen músicos, humoristas ou actores? Un lugar moito máis aburrido... Por sorte, tamén traballamos como produtores e representantes de artistas.
E se na variedade está o gusto, na división artística de Airapro temos un gusto exquisito: grupos de rock, ska e blues, solistas ou big bands, clarinetistas contemporáneos ou crooners míticos, jazz ou reggae, verbena ou showcase. Tamén traballamos con actores e humoristas: para cinema ou televisión, para bares, para dobraxes, para verbenas...
AIRAPRO.INFO é a nosa web especializada en xestión artística, con todos os datos e toda a información multimedia sobre a nosa carteira.




