logotipo
| actualidade
linea_base
empresa proxectosaudiovisuais xestiondeartistas escoladeartes servizosculturais
10
MARZO
SÉS presentarase na sala Capitol o 18 de marzo
O xoves 18 de marzo, na compostelana sala Capitol, María Xosé Silvar e a súa banda presentarán en directo o seu novo traballo: Sés, unha banda de rock que promete pegar forte na música galega e que chega da man da nova produtora audiovisual, AiraPro.
ses

Chegou o momento da posta de largo. Despois de moitos meses de ensaios, arranxos e gravacións, Sés dará o seu primeiro concerto o xoves 18 de marzo na sala Capitol, en Santiago de Compostela. María Xosé Silvar (ou Sés, como lle chaman na casa) presentará o repertorio do que será o seu primeiro disco acompañada dunha impresionante banda de músicos profesionais: David Paz e José Rodríguez na sección de vento, Tito Calviño na guitarra, Pablo Cedeño no baixo, Miguel Queixas á batería, Moncho Ces á trompeta, Cristian Leggiero no teclado e Aixa Romay, Lucía Souto e Carla Álvarez nos coros.

Sés é unha mistura de música latina, blues, rock, ska, soul e ritmos africanos que enche o escenario de enerxía grazas á forza e á personalidade de María Xosé Silvar, coñecida polo seu traballo anterior con Chámalle Xis!, un dos grupos revelación da música galega do ano pasado.

O concerto do día 18 na Capitol serverá, ademais, como presentación oficial de AiraPro, a nova produtora audiovisual fundada, entre outros, por Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro, os actores que encarnan ás cantareiras de Ardebullo. De feito, os propios Touriñán e Pereiro farán de mestres de cerimonias antes do concerto cun monólogo especial para a ocasión. E despois de Sés, tamén actuará na Capitol outra das protostas máis innovadoras na carteira de AiraPro: Manocas Ensamble, un proxecto ideado polo percusionista Javier Ferreiro (Man) e o clarinetista Joaquín Meijide (Xocas) que fusiona o jazz, a música experimental e a electrónica.

As entradas para o concerto custan cinco euros e poden conseguirse de forma anticipada na propia Capitol ou na Sala the Star, o local que rexentan Touriñán e Pereiro en Carral (A Coruña).
artistas
logos_redes






+ calendario

+ airapro.info

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player



+ twitter
 

  airapro.com
aviso legal · mapa web · contacto