10
MARZO |
| Brothers in Band, de xira polo norte de España |
| Entre o 27 de marzo e o 3 de abril, a mellor banda-tributo aos Dire Straits bótase á estrada para dar catro concertos memorables nas mellores salas de Ponferrada, Bilbao, Tudela e Gijón. |
Os fans dos Dire Straits están de sorte. Brothers in Band, a grupo que homenaxea á mítica banda británica, darán unha esperada xira durante a Semana Santa polo norte peninsular. O periplo de Brothers in Band comezará o sábado 27 na sala La Vaca de Ponferrada (León), a partir das once da noite. As entradas para este concerto custan 10 euros de forma anticipada ou 12 na taquilla. O mércores día 1 de abril, a banda-tributo aos Dire Straits desembarca en Asturias, cun concerto na sala Acapulco de Gijón e ao día seguinte, o xoves día 2, estarán en Tudela. A actuación de Brothers in Band nesta localidade navarra será na sala Noboo, un local onde teñen pasado os máis grandes da música española, a partir das dez da noite. A xira rematará nun dos templos da música en vivo en España, o café Antzokia de Bilbao. Brothers in Band tocarán nesta sala o sábado 3 de abril a partir das 21.30 por 12 ou 15 de euros de entrada (anticipada ou taquilla).
Desde a súa creación en 2008, Brothers in Band ten ofrecido xa ducias de concertos por toda España nos que revive até o detalle temas tan coñecidos como Money for nothing ou Sultans of Swing. É a única banda-tributo aos Dire Straits que imita a formación orixinal dos de Mark Knopfler na mítica xira On the night (1992): dúas guitarras, baixo, batería, dous teclados, percusión, saxo, steel guitar e voz. |
|
| artistas |
 |
|