10
MARZO |
| María Xosé Silvar presenta 'SÉS' en Land Rover |
| O próximo sábado, a partir das 21.30 horas, María Xosé Silvar participará no programa de humor Land Rober para presentar o seu novo proxecto musical, Sés. Estará acompañada dos seus ‘padriños’, Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán, un dos colaboradores do programa. |
María Xosé Silvar será a invitada de honor na próxima edición de Land Rober, o programa de humor da TVG que presenta e dirixe Roberto Vilar e no que colabora Xosé A. Touriñán como actor e subdirector. A partir das 21.30 horas, a promesa musical de AiraPro presentará o seu novo grupo, Sés, co que xa ten gravada unha maqueta e está ultimando o seu primeiro álbume. Acompañada de Touriñán e Marcos Pereiro a modo de ‘padriños’, María Xosé Silvar interpretará algún dos temas do seu futuro disco e, como non, tamén se prestará ás bromas e gags coas que Land Rober adoita ‘agasallar’ os seu convidados.
Land Rober é un programa de humor no que Roberto Vilar e os seus colaboradores reinventan a actualidade da semana en clave cómica a base de gags e sketches. Xosé A. Touriñán (un dos fundadores de AiraPro), interpreta varios papeis, entre os que destaca o xa famoso Ricardo, O atropelado, un home perseguido polas calamidades que resiste a todos os accidentes cos que se atopa. Ficha do programa. |
|
| artistas |
 |
|