10
MARZO |
| Chat con Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro o xoves |
| Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro, os actores que cada venres encarnan en Luar a Nucha e Mucha, as famosas Cantareiras de Ardebullo, participarán este xoves ás 11 da mañá nun encontro dixital cos internautas de www.laopinioncoruna.es. Envía a túa pregunta aquí! |
 |
Os Dous de Sempre (nome artístico deste dúo de humoristas coruñeses) responderán ás preguntas dos internautas e falarán sobre a aldea ficticia de Ardebullo, onde Nucha e Mucha viven coa súa nai, a Conexa, e con sonados veciños como o padre Nicanor.
Touriñán e Pereiro tamén darán conta do seu novo proxecto empresarial: a produtora audiovisual AiraPro, unha compañía que, entre outras novidades, está a piques de lanzar o primeiro traballo de María Xosé Silvar (antiga cantante do grupo Chámall Xis!): Sés, un proxecto musical novidoso, orixinal e cheo de enerxía que se presentará o día 18 nun concerto na sala Capitol de Santiago.
Os internautas xa poden enviar as súas preguntas para Touriñán e Pereiro a través da web do xornal, no seguinte enlace: http://comunidad.laopinioncoruna.es/entrevista-chat/1140/CULTURA/encontro-dixital-coas-cantareiras-de-ardebullo/entrevista.html |
|
| artistas |
 |
|