logotipo
| empresa
linea_base
empresa proxectosaudiovisuais xestiondeartistas escoladeartes servizosculturais

AiraPro naceu no ano 2009 en Carral (A Coruña), da man dos actores Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro, un dúo cómico bautizado como Os Dous de Sempre (O2DS) e coñecido pola súa interpretación de Nucha e Mucha, as cantareiras de Ardebullo. No 2006, Touriñán e Pereiro abren en Carral un local de espectáculos, a Sala The Star. Este espazo, ademais de ser unha plataforma única para ducias de artistas galegos, converteuse no xerme de AiraPro, unha produtora audiovisual concebida para dar cabida ao espírito emprendedor e creativo de Touriñán, Pereiro e os seus socios. 

airapro_empresa


A INCUBADORA DE IDEAS

AiraPro cre na creatividade natural das persoas. Por iso creou a Incubadora de Ideas, unha rede de colaboradores artísticos, técnicos e mesmo metafísicos que participan e enriquecen os seus proxectos. A Incubadora de Ideas de AiraPro é un depósito de pensamentos, proxectos e intencións multidisciplinares que conforman a base creativa da empresa. Un exemplo desta filosofía é Escola de Artes de Ardebullo, un foro de cursos e obradoiros de teatro, baile ou música que se imparten, polo momento en Carral, para nenos e maiores.

 

+ calendario

+ querostar.com
querostar


+ twitter
 

  airapro.com
aviso legal · mapa web · contacto