Os proxectos audiovisuais son o principal eixo no que pivota AiraPro. Baixo a batuta e o maxín de Touriñán e Pereiro, a produtora traballa en novos formatos e contidos para televisión, internet e outros soportes. Neste eido, AiraPro ofrece, xuntas ou unha por unha, todas as etapas do proceso: desde simplemente a idea, até o produto pechado ‘chave en man’, pasando pola creación de música e grafismo orixinal, os guións, os actores e a figuración, a dobraxe ou a xestión de espazos e platós para gravar. E sen esquecer a produción executiva e outras fórmulas de colaboración e financiamento de proxectos.
|