Internet, as redes sociais, os dispositivos portátiles, o apagamento analóxico e o encendido dixital, as tendas online... O mundo está cambiando a nivel tecnolóxico, lexislativo e económico. Pero, sobre todo, o que está a mudar é o comportamento do consumidor, que agora é o que decide como, cando e onde conseguir o que precisa.
E todo isto hai que telo en conta á hora de crear solucións audiovisuais.
En AiraPro, a través da súa Incubadora de Ideas, un equipo formado por profesionais da televisión, debuxantes, xornalistas, deseñadores gráficos, expertos en novas tecnoloxías, publicistas e economistas analizan e desenvolven cada proxecto desde unha óptica de 360 graos, coa finalidade de acadar un produto de impacto e competitivo adaptado ás necesidades específicas de cada cliente.
AiraPro traballa específicamente en solucións de Creación e deseño de proxectos audiovisuais e de Produción, realización e difusión de proxectos lineais e/ou interactivos: televisión dixital e multimedia, novos formatos dixitais, creación de páxinas web, deseño gráfico... Todo tipo de productos con dous denominadores común: calidade e a innovación, entendida esta como a suma de orixinalidade e o uso da tecnoloxía.
DESEÑO DE PÁXINAS WEB:
- Persoais: desde 350€
- Profesionais: desde 800 €
DOMINIOS E ALOXAMENTO:
- Plan Micro: 25 €/ano
- Plan Mini: 40€/ano
- Plan Maxi: 80 €/ano
- Plan Redirección: 20€
MANTEMENTO E ACTUALIZACIÓNS
Desde 145 € ano (inclúe aloxamento)
|