|
MANOCAS ENSAMBLE
ARTE: Música
ESTILO: Experimental - contemporánea - electroacústica
FORMATO: Clarinete - percusión - electrónica
Unidos por unha dedicación absoluta, case obsesiva, á música e baixo o reto común de explorar novas sensacións sonoras e poñerse a proba como executantes, o percusionista Xavier Ferreiro (Man) e o clarinetista Joaquín Meijide (Xocas) encóntranse para formar un dúo único en Galicia: ManOcas Ensamble. A medio a camiño entre a música contemporánea e experimental, o jazz e a electrónica, ManOcas Ensamble defínese como “unha plataforma de sonidos electroacústicos” que mistura a estrutura de pezas clásicas coa improvisación aberta propia do jazz. Unha aposta atrevida, orixinal e sincera pola experimentación artística e técnica, a combinación perfecta para descubrir novos universos musicais.
Manocas está formado por un dúo de músicos galegos de contrastada traxectoria no mundo da música orquestral, contemporánea e folk:
Joaquín Meijide, máis coñecido como Xocas, é un sonado clarinetista apaixonado da música contemporánea e de cámara. Logo de tocar en varias orquestras, como a Sinfónica ou a Real Filharmonía de Galicia, actualmente compaxina o traballo na Banda Municipal da Coruña coa súa carreira como solista por todo o mundo. Ademais de colaborar con Nani García, xa ten publicados varios traballos, como o álbume Windsongs coa obra do americano D. Loeb no que tamén participa Henri Bok ou o dobre cd Doubles só con pezas contemporáneas para clarinete, e está a piques de editar un novo disco co cuarteto Xerión. Unha traxectoria avalada polo galardón internacional Henri Slemer, o premio de clarinete baixo máis importante do mundo.
Nacido nunha familia de músicos, Xavier Ferreiro (Man) formouse como percusionista en Colonia, Caracas e Nova York. Logo de varios anos participando en grupos de jazz, música latina e danza por todo o mundo, nos 90 comeza a formar parte da banda folk Luar na Lubre, e asóciase con Nani García (responsable, entre outras, da premiada banda sonora de De profundis</i>) para crear a discográfica Xingra, de corte vanguardista. Compaxina a creación musical co traballo no seu estudo propio, Bruar, como músico, técnico e produtor musical.
|
|

.jpg)
 |