logotipo
| xestióndeartistas
produción e representación non exclusiva


linea_base
empresa proxectosaudiovisuais xestiondeartistas escoladeartes servizosculturais
o2ds Sés Brothers In Band Xil Ríos O baile de ardebullo José Somoza Big Band
skarallaos 3azoteas Pepo Suevos Manocas Ensamble Manocas Ensamble Manocas Ensamble
produción e representación exclusiva representación non exclusiva

BROTHERS IN BAND
ARTE: Música
ESTILO: Rock clásico
FORMATO: Nove músicos en escea (tributo a Dire Straits)

Brothers in Band nace na Coruña a principios de 2008 para homenaxear a unha das bandas máis míticas e decisivas na historia do rock: os Dire Straits. Hai outros grupos tributo aos Dire Straits, pero Brothers in Band é o único que respecta o formato que a banda británica levou na súa mítica xira de 1992 --a última até hoxe--, On the night: dúas guitarras (Óscar Rosende e Antonio Abad), baixo (Fernando Abenza), batería (Miguel Lamas), dous teclados (Nacho Varela e Iago Mouriño), percusión (Miguel Queixas), saxo (José Rodríguez) e steel guitar (Ángel Ruíz).

A súa fidelidade aos temas orixinais, como os clásicos Money for nothing, Sultans of swing ou Walk of life, converte os concertos de Brothers in Band en auténticas máquinas do tempo que fan as delicias dos amantes do mellor rock dos anos 70 e 80. De feito, Brothers in Band pode presumir de contar coa bendición dos propios membros Dire Straits, en concreto coa do teclista Guy Fletcher, que cando escoitou os ensaios en directo da banda galega durante un festival no que coincidiron en Granada, pensou que se trataba dunha gravación orixinal de Mark Knopfler. Brothers in Band tocou xa por toda España, incluída a actuación estrela da que foi primeira festa de fans dos Straits en España, celebrada co apoio do manager de Knopfler en febreiro de 2009 en Ourense.

 
foto1


foto2


prensa

ligazons

media

tvg Noticia (23-07-10)
Un tributo a Dire Straits
na Capitol
tvg Entrevista (12-04-10)
Gira de los Dire Straits gallegos, los replicantes Brothers in Band
tvg A Revista (13-02-10)
Reportaxe sobre o grupo
e o concerto na Capitol

facebook

facebook

myspace

webbrothers


Brothers in arms (MP3)


TWO YOUNG LOVERS (Video)


MÁIS CONTIDOS MEDIA


descarga

 

+ calendario

+ querostar.com
querostar


+ twitter
 

  airapro.com
aviso legal · mapa web · contacto