logotipo
| xestióndeartistas
produción e representación non exclusiva


linea_base
empresa proxectosaudiovisuais xestiondeartistas escoladeartes servizosculturais
o2ds Sés Brothers In Band Xil Ríos O baile de ardebullo José Somoza Big Band
skarallaos 3azoteas Pepo Suevos Manocas Ensamble Manocas Ensamble Manocas Ensamble
produción e representación exclusiva representación non exclusiva

3 AZOTEAS

ARTE: Música
ESTILO: Jazz
FORMATO: Piano / teclados, baixo e batería


3AZOTEAS é un proxecto de conxunto que toma o jazz coma base para mergullarse noutros xéneros e formas , coa improvisación como fío conductor e a aportación creativa de ideas musicais como lider. Cun extenso repertorio orixinal así como versións de artistas tan dispares como Chopin ou Michael Jackson, 3AZOTEAS pretende, co jazz como punto de partida, darlle cabida ás inquedanzas musicais dos seus integrantes e que a música se estenda como un fluído por riba das estruturas.
Logo de participar nos principais festivais de jazz de Galicia, AiraPro está a producir o que será o primeiro traballo discográfico do trío. Tal e como o seu nome indica, 3AZOTEAS é como unha comunidade de veciños creativa formada por tres músicos de consolidada traxectoria:

Pablo Pérez (contrabaixo e baixo eléctrico) é, ademais dun grande estudoso do seu instrumento, un recoñecido compositor de B.S.O como por exemplo ‘Tauromaquia’ ou recentemente “Crebinsky”. Tamén compuxo músicas para montaxes teatrais como ‘O navegante’ (Chévere), e participou en bandas de música tradicional como Fía na roca.

Iago Mouriño (piano, teclados) formouse como pianista clásico, aínda que desde hai anos explora a música moderna e o jazz, un xénero que tamén interpreta noutras formacións como Tres Tria Trium ou Jazzeros Inolvidables. Ademais, é responsable da música de varias montaxes e compañías teatrais como Fantoches Baj, de espectáculos de cine mudo e de concertos didácticos de música clásica, e tocou ou gravou con grupos de pop-rock.

Miguel Queixas (batería) comeza de forma autodidacta con só 15 anos e se dedica por completo á bateria logo de coñecer na Escola Municipal de Música da Coruña ao mestre Miguel Cabana, co que estuda e colabora por máis de oito anos. Estudante de jazz, ecléctico e versátil, traballa como músico de estudo para diferentes B.S.O e publicidade así como acompañando a artistas en directo, entre os que destacan Nova Galega de Danza, coa que está a representar o seu novo e premiado espectáculo, Tradicción, Brothers in Band (banda tributo aos Dire Straits) ou a Ardebullo Bin Ban Orquestra.

 
foto1


foto2


prensa

ligazons

media

tvg Crítica (20-03-09)
Crítica concerto Iberojazz 09,
por Quinito Mourelle

facebook

facebook

myspace


Estaba mellor o libro (MP3)


IRIAI (Video)


MÁIS CONTIDOS MEDIA


descarga





+ calendario

+ querostar.com
querostar


+ twitter
 

  airapro.com
aviso legal · mapa web · contacto