logotipo
| xestióndeartistas
produción e representación exclusiva


linea_base
empresa proxectosaudiovisuais xestiondeartistas escoladeartes servizosculturais
o2ds Sés Brothers In Band Xil Ríos O baile de ardebullo José Somoza Big Band
skarallaos 3azoteas Pepo Suevos Manocas Ensamble Manocas Ensamble Manocas Ensamble
produción e representación exclusiva representación non exclusiva

PEPO SUEVOS
ARTE: Teatro
ESTILO: Humor
FORMATO: Monólogo

Espectacular showman e monologuista que utiliza na súa posta en escea un toque salvaxe, enérxico e incluso algo macarra ao servizo da risa do público. Hábil improvisador e cun repertorio no que toca todos os temas existentes, Pepo Suevos non deixa indiferente a ninguén nos seus espectáculos. Os números en directo ou “corpo a corpo” son a súa especialidade, un formato co que xa leva dado case mil actuacións en Galicia e outras comunidades e no que pode presumir de ser un dos artistas galegos máis curtidos e experimentados.

Ademais da vagaxe por bares, salas, teatros e verbenas de toda Galicia, Pepo Suevos é recoñcido pola súa participación en series de televisión emblemáticas como Terra de Miranda (onde interpretou ao xa mítico taberneiro Metralla), Mareas vivas, Pratos combinados ou Os Atlánticos e programas de culto como O Show dos Tonechos. Da TVG deu o salto cara a outras canles de televisión estatal como Telecinco (traballou en series como Hospital Central ou M.I.R.) ou Antena 3 (Quart). No cinema, Pepo Suevos, que tamén traballa como guionista, ten participado xa en vinte longametraxes interpretando papeis de perfís moi variados máis aló do rexistro cómico, como Entre bateas, Trece badaladas, Pradolongo ou Agallas.

 




prensa

ligazons

media

tvg Entrevista (27-03-10)
"Falo do que me pasa a diario
e do que vexo que lles pasa aos demais"

tvg Noticia (25-08-10)
El actor ferrolano Pepo Suevos participará en 'Padre Casares'

facebook

facebook

blog


Pepo Suevos en Land Rober (VIDEO)


MÁIS CONTIDOS MEDIA


descarga



+ calendario

+ querostar.com
querostar


+ twitter
 

  airapro.com
aviso legal · mapa web · contacto