logotipo
| xestióndeartistas
produción e representación exclusiva


linea_base
empresa proxectosaudiovisuais xestiondeartistas escoladeartes servizosculturais
o2ds Sés Brothers In Band Xil Ríos O baile de ardebullo José Somoza Big Band
skarallaos 3azoteas Pepo Suevos Manocas Ensamble Manocas Ensamble Manocas Ensamble
produción e representación exclusiva representación non exclusiva

OS DOUS DE SEMPRE
ARTE: Teatro
ESTILO: Humor
FORMATO: Dúo cómico


Xosé Antonio Touriñán e Marcos Pereiro son dous actores de Culleredo (A Coruña) que levan máis de seis anos traballando como parexa cómica, co nome artístico de Os 2 De Sempre (O2DS). Baixo este título, teñen presentado varios espectáculos de humor, entre os que destaca As Cantareiras de Ardebullo, un número que acadou sona no programa Luar e no que contan a historia de dúas retranqueiras irmás, Nucha e Mucha, e os seus veciños da aldea. Outros espectáculos de Os 2 De Sempre son Orsay, no que ironizan sobre o mundo do fútbol, e A Comer con Xosé y Ramón, unha parodia da alta cociña.

Desde os seus inicios no teatro escolar, Touriñán e Pereiro percorreron as aldeas e vilas galegas cos seus espectáculos e monólogos. Por separado teñen participado en obras de teatro, series e programas de televisión e espazos radiofónicos como Padre Casares, Land Rober, Perdelo todo (Xosé A.), Terras de Miranda, Air Galicia ou a peza Final de película (Marcos). Pertencentes a unha nova xeración de humoristas, gústalles definir o seu traballo como “humor hiperenxebre” e próximo á xente.

Ademais, Os 2 De Sempre rexentan un local de espectáculos en Carral, a Sala The Star, onde organizan concertos, representacións teatrais, proxeccións, seráns e outros espectáculos, e acaban de crear a súa propia produtora audiovisual, AiraPro.

  foto1






prensa

ligazons

media

tvg Reportaxe-entrevista (10-08-08)
'E prantaron patacas nos Campos Elíseos'
tvg Entrevista FUGAS (08-04-09)
"Nós rímonos moito con nós mesmos"
tvg Crítica (29-03-09)
Os reis do humor hiperenxebre
tvg Entrevista (27-07-09)
"Ghayoso é un veciño máis"
tvg Entrevista (30-08-09)
"Para as vodas imos á perruquería a poñer un recollido e vestímonos de gala"
tvg Noticia (17-03-10)
De Cantareiras a produtores
tvg Noticia (17-03-10)
Presentación
de AiraPro con Sés


facebook

facebook

ardebullo


As Cantareiras de Ardebullo (VIDEO)


MÁIS CONTIDOS MEDIA


descarga

 

 



+ calendario

+ querostar.com
querostar


+ twitter
 

  airapro.com
aviso legal · mapa web · contacto