O guitarrista da banda de Tourilandia responderá ás preguntas dos internautas a través de Facebook. Calviño forma parte ademais da formación Sés, e acompaña a María Xosé Silvar nos seus concertos acústicos. É tamén profesor na Escola de Músicos de A Coruña
Airapro recupera para este mércores as súas conversas dixitais a través de Facebook. Despois de recibir a Xosé A. Touriñán na última edición, será o guitarrista da banda de Tourilandia, Tito José Calviño, quen responderá ás preguntas dos seguidores da produtora carralesa na rede social máis popular. A cita terá lugar a partir das 13.00 horas, aínda que xa é posible enviar as preguntas.
Tito José Calviño é un dos guitarristas máis coñecidos da comarca coruñesa. Compaxina as tarefas de docencia na Escola de Músicos da Coruña coa participación en diferentes formacións de Airapro. Músico de formación no Conservatorio Profesional de Música da cidade herculina, participa en varias orquestras entre 2001 e 2004. É habitual das sesións Jam de coñecidos locais coruñeses como o Garufa ou o Jazz Filloa. Ademais, forma parte do quinteto da cantante Carmen Rey.
Nas bandas de Airapro, Tito é guitarrista de Tonhito de Poi, Sés, Tourilandia e María Xosé Silvar, entre outras. Ademais, forma parte do grupo de músicos que participa activamente nos proxectos artísticos da produtora carralesa.





