Pódense adquirir a través da rede Ticketmaster, na Airapro Tenda, e en diferentes puntos da xeografía galega. Na modalidade anticipada o prezo é de 15 euros, quedando en taquilla a 20 euros. O concerto terá lugar en Ordes o sábado 3 de marzo
Airapro inicia este xoves a venda das entradas para presenciar en directo o primeiro concerto de Heredeiros da Crus no regreso dos 'máis grandes'. A cita será en Ordes, na discoteca LP45 a partir das 22.00 horas, coa participación dun grupo convidado.
Os billetes están xa á venda en dúas plataformas online, Ticketmaster e a Airapro Tenda, que complementan á rede de establecementos nos que é posible mercalas a partir deste venres:
A CORUÑA: FNAC
COMPOSTELA: Pub Ultramarinos e A Reixa Tenda
CARRAL: Airapro e Sala The Star
ORDES: LP45, Bar Regos, Bar Ché 3 e Hamburguesería Maral
SIGÜEIRO: Bar Ché
PONTECARREIRA: O Noso Mesón
ARCA: Bar Ché
LUGO: Don Disco
OURENSE: Peggy Records
VIGO: Tienda Tipo
MELIDE: Tienda Tipo
Tendas FNAC, centros comerciais CARREFOUR, oficinas de HALCÓN VIAJES en toda España




