Airapro lanza as tazas oficiais das Cantareiras de Ardebullo

A prezos populares, 4 euros o estuche individual e 6 euros o dobre. Cun deseño exclusivo, son a mellor homenaxe a Mucha e Nucha despois de que o pasado decembro decidiran facer unha paréntese temporal na súa carreira artística












A Airapro Tenda lanza un novo produto estrela para a temporada de inverno. As tazas das Cantareiras de Ardebullo, as queridas Mucha e Nucha, formarán parte no día a día dos seus seguidores coa adquisición no comercio online da produtora carralesa destes mugs.

Os prezos son un dos grandes atractivos nesta promoción, xa que as tazas ofreceranse de xeito individual ou nun estuche dobre, e poderán ser enviadas ao domicilio ou recollerse nas oficinas de Airapro. Ademais, trabállase no establecemento dunha serie de locais comerciais nos que poder adquirilas directamente.